RESTAURANTE

Restaurante

Casa Barreiro foi fundado en 1875, dende entón, e en constante evolución e mellora das nosas infraestruturas, remodélase completamente no 2001. Aínda que por suposto, mantemos os  nosos valores tradicionais en cociña  e continuamos seleccionando os mellores produtos da nosa terra galega para ofrecer exquisitos pratos aos nosos clientes.   A gastronomía galega goza dunha riqueza e calidade inigualable, mariscos, peixes, carnes… entre outros, compoñen a nosa apetecible carta; todos eles podendose acompañar cunha esmerada selección de viños do país.   Convidámoslle a que veña a coñecernos e probar calquera dos nosos exquisitos pratos de Luns a Domingo en horario de 13:00-16:00h e 20:30 a 23:30h. (Domingos noite pechado por descanso)


Vodas, Bautizos, Comuniones, Comida de Empresa …

Amplos e luminosos salóns con aire acondicionado e decorados con gusto refinado que se adaptan a cada tipo de evento que  desexe celebrar.   Nas nosas instalacións dispomos de cinco salóns con distinta capacidade (10, 20, 60, 130 e 400 persoas) , aparcadoiro para uns cincocentos vehículos e un parque infantil para que os máis pequenos gocen de divertidos xogos. O persoal de Casa Barreiro, dispón de gran experiencia en organización de vodas, bautizos, comunións, banquetes, vodas de ouro e prata, despedidas de solteiros, reunións de amigos ou familiares, homenaxes, reunións de empresa…. Contacte connosco, estaremos encantados de axudar e asesorarlle.


Ceas e Comidas Baile e Cotillóns (Fin de Ano)

Organizamos ceas con música en vivo. Unha divertida velada para pasala con amigos, familia, compañeiros de traballo… e amenizada por algunhas das mellores orquestras.


Galipesca

Unha contorna natural que polas súas características é único en España. Está especialmente deseñado para que vostede poida gozar durante todo o ano do seu deporte favorito, a pesca.

O encoro de Villagudín dsipón dunha superficie de 162 Ha., o encoro e os ríos de Pontevedra e Lengüelle forman unha contorna fluvial que fan deste lugar unha espazo privilexiado para os amantes da natureza e da pesca. O encoro é un auténtico paraíso no que pode gozar da pesca en calquera das súas modalidades e tipos de cebo.

Leve o seu PICNIC para gozar de todo un día cunha inmellorable paisaxe e boas capturas de Troita e Salmón.